Cáritas Diocesana de Santiago celebrará o vindeiro xoves 18 de setembro, de 16:30 a 19:30 horas, na Sala Peregrino do Mosteiro de San Martiño Pinario, a xornada “Acompañar tamén é denunciar. Cáritas fronte ás violencias machistas”. A entrada é libre ata completar aforo.

O encontro insírese no marco da exposición “Punto y seguimos. La vida puede más”, que continúa aberta ata o 30 de setembro, e pretende poñer en valor o acompañamento que Cáritas ofrece ás mulleres en situación de violencia machista, así como a denuncia pública contra a prostitución e a trata de seres humanos con fins de explotación sexual.

O acto contará coa participación do arcebispo de Santiago, Mons. Francisco José Prieto Fernández, e da directora diocesana, Pilar Farjas Abadía, na apertura institucional. Seguidamente, intervirá Lourdes Pazo García, coordinadora do Programa Vagalume.

A ponencia principal estará a cargo de Mabel Cenizo Benito (Cáritas Guipúzcoa), baixo o título “As violencias machistas dende o Pensamento Social da Igrexa”.

Posterioemente, presentarase o documento “Acompañando a mulleres en situación de violencias machistas: a mirada e a acción de Cáritas”, cun relatorio conxunto de Leticia Escutia (Cáritas Española) e Lorena Nieto (Programa Vagalume).