Cáritas Interparroquial de Santiago organiza unha reunión dirixida a todas aquelas persoas que desexen coñecer de primeira man o labor do Programa Cativos, un espazo de acompañamento e apoio a nenos, nenas e adolescentes. O encontro terá lugar o luns 29 de setembro ás 19:00 horas, na sede de Cáritas (Rúa San Roque, nº1, Santiago de Compostela).

O Programa Cativos acompaña a menores de entre 8 e 17 anos a través de diferentes proxectos:
Esquíos e Ventureiros, centrados en actividades de lecer e tempo libre.
Aulas de apoio escolar, que ofrecen reforzo educativo durante a semana.
Escola de Tempo Libre, que facilita a formación das persoas voluntarias para mellorar o seu traballo coa infancia e a xuventude.

Durante a reunión, o equipo de coordinadores explicará os distintos ámbitos de acción e compartirá experiencias xunto con monitores que xa forman parte do programa. O encontro servirá tamén como punto de benvida para novas persoas voluntarias que desexen incorporarse neste curso 2025-2026.

As persoas interesadas poden confirmar a súa asistencia a través dun formulario habilitado por Cáritas, no que se garante a confidencialidade dos datos facilitados. Ademais, pódese solicitar información previa chamando ao 981 552 140 ou escribindo ao correo cativosintersant.cdsantiago@caritas-santiago.org.