Campaña Nadal 2025

Campaña solidaria Agasallos de Nadal 2025

Como seguro que entenderedes, precisaremos que todas as familias estean inscritas previamente atendendo ao prazo indicado. Para iso terán que entregar unha ficha de derivación (adxunta) e nese momento darémoslle cita para o día da recollida.
É importante que para garantir unha correcta atención acudan no día e hora marcado a recoller os agasallos.

Colabora!

Todos os agasallos deben ser novos (a estrear).

Pode colaborarse coa campaña mercando algún
xoguete ou facendo unha doazón cos seguintes datos:
Poden facerse donativos concepto: "Campaña xoguetes 2025"
Nº Conta: ABANCA: ES45-2080-0300-8130-4000-4815

MÁIS INFORMACIÓN
Telf: 981 55 21 40
cativosintersant.cdsantiago@caritas-santiago.org
Cáritas Interparroquial de Santiago (R/ Hospitaliño, Nº2).

Axuntamos a seguinte documentación, que pregamos revisedes con calma:

1. Información xeral da campaña PDF
2. Información e ficha de derivación para as familias PDF
3. Cartel IMG

As datas máis importantes son:

Prazo de inscrición para familias: Ata o venres 12 de decembro 2025 ás 14:00h
Lugar para entregar a inscrición: Departamento Cativos, R/Hospitaliño, 2 de luns a venres, de 9:00h a 14:00h, e os días luns e mércores de 17:00h a 19:00h

Recollida agasallos por parte das familias (baixo cita previa): venres 2, sábado 3 ou domingo 4 de xaneiro do 2026, en horario de 9:00h a 14:00h, concordando previamente un día e unha hora concreta.

Importante: Non recolleremos, por motivos de organización, inscricións fora de prazo. Ademais todas deben estar correctamente cubertas, firmadas e selladas polo profesional que derive. Poderedes derivar a partir de hoxe mesmo a aquelas familias que considerades que precisan este apoio pola situación socioeconómica na que se atopen. Serán as propias familias as que deben traer a ficha de derivación antes do 12/12.

Todos os agasallos que entregaremos serán completamente novos, e conseguirémolos grazas á boa disposición de centros, entidades, empresas e particulares. Faremos especial fincapé en acadar agasallos para mozos/as a partir dos 13 anos.

Agardamos que esta información sexa de interese para vós e que poidades difundila entre os participantes que poidan precisar este apoio, pero tamén entre familiares, amigos/as, compañeiros, etc. que poidan sumarse á campaña de doazón. Gracias pola vosa colaboración e quedamos a vosa disposición para aclarar calquera dúbida ao respecto.